Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DEDICADO ÁS PÁXINAS DE TELEFONÍA MÓBIL

Xa está activo o dominio .mobi

Desde esta semana é posíbel rexistrar calquera web co sufixo .mobi, un dominio que a ICANN autorizou o mes de novembro do ano pasado e que desde xuño xa se podía empregar, aínda que só por marcas rexistradas.

- 09:55 27/09/2006
Tags:

O .mobi foi creado polas necesidades que plantexan as últimas tecnoloxías en telefonía móbil, e está destinado en exclusiva a webs optimizadas para consultar nos navegadores deses aparellos.

Debido á súa especificidade, as páxinas que leven o dominio .mobi deberán cumprir unha serie de requisitos, entre eles estaren elaboradas en formato XHTML-MP, non contar con marcos ou frames, ter un tamaño adaptado aos dispositivos dos móbiles, ou posibilitar o acceso con ou sen as 'www'. A empresa que se vai dedicar a xestionar os .mobi, mLTD, terá tamén que facer seguimento das webs para comprobar que se adapten a todos os requisitos.

Anterior:

  • Novo dominio '.mobi' para as webs deseñadas para telefonía móbil


  • 0/5 (0 votos)