Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INSTALACIÓN PILOTO DA TECNOLOXÍA WIMAX NO CEAO

Unha rede para conectar Lugo

Lugo vai ser obxecto de unha experiencia piloto europea coa instalación de unha rede Wimax no polígono industrial do Ceao. Esta tecnoloxía consiste nunha rede de conexións inalámbricas de alta velocidade para transportar o sinal de internet. Comezará a funcionar en novembro, cando emprecen, tamén, a comercializarse estes servizos.

- 16:40 02/10/2006
Tags:

A tecnoloxía Wimax (Worldwide Interoperability for Microwave Access / Interoperabilidade Mundial para Aceso de Microondas) é un estándar de transmisión de datos -con banda larga- polo aire. Ten unha vantaxe principal con respecto á tecnoloxía Wi-Fi, e é que chega moito máis lonxe. Por iso é ideal para zonas dispersas como o rural galego.

Lugo comparte experiencia con outras cidades españolas e portuguesas. Aínda así, non son o primeiro caso de emprego de Wimax. Unha das redes máis extendidas de Wimax no estado é a de Euskaltel, que chega a máis de cen pequenos concellos vascos. Os prezos son máis baratos que os de outros tipos de conexión, e, segundo a concelleira de Promoción do Emprego de Lugo, Eva Real, a conexión da súa cidade será limpa, xa que as bases vanse alimentar con electricidade solar.

Anteriores:

  • Fene proba a tecnoloxía Wimax
  • Wimax: a última menciña tecnolóxica contra a fenda dixital


  • 0/5 (0 votos)