Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MÁIS DE 180 MUNICIPIOS RECIBIRÁN ESTAS AXUDAS

Innnovación e Industria destina 1,6 millóns de euros en achegar os concellos á rede

A Consellaría de Industria subvenciona a entrada e a presenza dos concellos na Sociedade da Información cun total de 1,6 millóns de euros que se repartirán de diferente maneira segundo a poboación coa que conte cada municipio. Esta medida impulsárona os datos de 2005 referidos ao acceso á rede, situada nun 31,25 por cento, segundo datos propios.

- 13:19 06/10/2006
Tags:

vestimento total de 2,1 millóns de euros, o departamento da Xunta pretende que os concellos galegos se acheguen ou melloren o seu acceso a Internet. Ese investimento será subvencionado polo dito departamento no 75 por cento, o que suporá os 1,6 millóns que se van empregar neste proxecto.

As axudas repartiranse de dous xeitos, segundo o municipio posúa menos de 6.000 habitantes ou se ten entre esa cifra e os 35.000. No primeiro dos casos, un total de 147 concellos galegos terán facilidades para dispor dunha páxina web, instrumento que a Consellaría estima "imprescindíbel" para que os cidadáns poidan acceder á información do seu municipio.

As webs que se elaboren grazas a estas axudas "deberán estar construídas sobre a base do software libre, dispor de documentos descargables en formato aberto, e ademais terán o galego como primeira lingua vehicular", afirman desde a Xunta, co fin de non limitar o acceso ás devanditas webs por parte de certos colectivos con discapacidades. Ademais, estas terán que cumprir tamén cos estándares de accesibilidade e usabilidade que son consideradas pola Unión Europea como normas de facto (W3C- WAI-AA).

Aqueles concellos que superen os 6.000 habitantes, 37 en todo o país, gozarán de feramentas para que as diversas asociacións poidan dispoñer dun espazo na Rede para promocionar e dar a coñecer as súas actividades e entraren así na Sociedade da Información. Esta medida impulsárona os datos que a Consellaría obtivo da presenza na Rede dos concellos galegos no 2005, xa que "tan só un 31,25% dos municipios menores de 5.000 habitantes tiñan presenza na Rede. Con este investimento, Innovación e Industria prevé que o 90 por cento dos concellos galegos entren na Sociedade da Información.


0/5 (0 votos)