Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NOVAS ACCIÓNS DA XUNTA PARA FOMENTAR O USO DA REDE

Seis de cada dez mulleres nunca se conectaron a internet

Os pais dos alumnos das Galescolas xa non terán que desprazarse ao colexio para saber que tal lle vai aos seus fillos. Estes centros van contar cun portal no que os proxenitores poderán, entre outras cousas, saber que come o seu fillo cada día. O lanzamento desta web é unha das medidas que prepara a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, para impulsar o uso das novas tecnoloxías entre as mulleres e as familias. Unhas iniciativas necesarias, pois o certo é que a fenda dixital en Galiza tamén é unha cuestión de xénero. Un exemplo é que máis de seis de cada dez varóns galegos conectáronse algunha a vez á rede. No caso das galegas, a proporción cae por debaixo do 40%, vinte puntos menos.

- 18:08 22/01/2007
Tags:

Este desequilibrio é aínda máis evidente no mundo laboral das Tecnoloxías da Información (TIC). Así, só tres de cada dez traballadores das compañías TIC do país son mulleres. Cando se fala de postos directivos, a fenda de xénero é o dobre que entre os traballadores.

Para tentar paliar esta situación, a Xunta de Galicia ten listo un feixe de iniciativas. A secretaria xeral Carmen Adán presentou varias delas nunha entrevista co portal do Plan Galego da Sociedade da Información. A próxima publicación dun portal para as Galescolas é a medida máis innovadora. Non polo feito da publicación dun novo portal institucional, senón porque a través desta ferramenta os pais poderán realizar un seguimento detallado da evolución dos seus fillos, algo inédito en Galiza.

Ciencia e emprendemento
Ademais, a Secretaría prepara o lanzamento dunha "Unidade de Muller e Ciencia" para "promover unha maior representación da muller nos ámbitos científico e tecnolóxico". Cursos de deseño en liña para mulleres e formación para emprendedoras son outras das accións que porá en marcha este departamento público contra a discriminación tecnolóxica das mulleres.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: