Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O VÍDEO AMOSA DEVASTADORAS CONSECUENCIAS POR USAR SOFTWARE PIRATA

Microsoft alerta os usuarios sobre a pirataría

O xigante informático Microsoft está a poñer en marcha unha campaña contra a pirataría de software por medio de animacións cunha atractiva estética de banda deseñada. Dende este luns, o anuncio xa se pode ver na rede para os usuarios dos Estados Unidos, aínda que xa hai un mes que se lanzaron campañas semellantes en Indonesia, Suecia, Francia e Italia. No vídeo, titulado "Genuine Fact Files", preténdese advertir, e mesmo amedrentar, os usuarios e os empresarios sobre o perigo que pode supoñer empregar programas ilegais, e chega a insinuar unha relación entre "de balde" e "inseguro".

- 10:10 24/01/2007
Tags:

Na banda deseñada animada cóntase a historia dun traballador que, mal aconsellado por un compañeiro, descarga software pirata, con nefastas e terríbeis consecuencias para eles e para a empresa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: