A asociación Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya (ERGAC) ten unha nova web na que se integran a parte institucional e o blog, que anteriormente estaba aloxado no servizo Blogger. A comunidade galega en Cataluña dispón, deste xeito, dun novo espazo de encontro e comunicación na rede, complementario aos cinco programas que se emiten actualmente noutras tantas emisoras locais catalás.
O blog ErgacPress ofrece información de interese social e cultural para os galegos que se atopan en Cataluña, mentres que a parte oficial da web da entidade presenta a súa historia, documentación, ligazóns e permite descargarse a súa publicación A micro pechado en formato PDF.