Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O PAÍS ASIÁTICO AÍNDA NON CONTA CON APARATOS DE 3X

A cuarta xeración de telefonía móbil xa esta aquí... en China

China levou a cabo en Xangai os primeiros ensaios do mundo con tecnoloxía móbil de cuarta xeración (4X), completamente desenvolvida por investigadores do país, segundo informaba o pasado martes a prensa local. A nova tecnoloxía transmite datos até cincuenta veces máis rápido que a 3X, a máis recente nos mercados mundiais, que paradoxalmente aínda non funciona en China por repetidos atrasos do goberno asiático na concesión de licenzas.

- 11:44 01/02/2007
Tags:

Nunha manobra por situarse antes que ninguén no mercado, os enxeñeiros chineses decidiron saltar á cuarta xeración de telefonía móbil. "Os ensaios demostran que a tecnoloxía que desenvolvemos é factible, e colócanos un paso máis preto da súa utilización comercial", afirmou o xefe do programa, You Xiaohu.

As probas están financiadas polo Estado e custarán preto de 150 millóns de iens (uns 15 millóns de euros). Porén, segundo os expertos, non se esperan proxectos para desenvolver comercialmente a 4X en China durante polo menos os próximos cinco anos. A razón é que as súas funcións solaparíanse coas redes de 3X nas que o xigante asiático xa realizou importantes investimentos, e que comezarán a funcionar este ano.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: