Decenas de correos electrónicos enviados entre directivos de Microsoft están a ser publicados por mor dun proceso xudicial. A empresa presidida por Bill Gates enfrontase nun xulgado de Iowa, Estados Unidos, á acusación de utilizar supostas tácticas empresariais ilegais. Entre os moitos mensaxes desclasificados até agora destaca o que Jim Allchin, co-presidente da multinacional, lle manda a Bill Gates no que asegura que compraría un Mac "hoxe mesmo se non fose porque traballo para Microsoft".
No correo, con data de 2004 e co asunto Perdendo o rumbo, o directivo eloxia a compatibilidade do ordenador de Apple e a filosofía e forma de pensar da compañía da mazá. A misiva conten frases como "penso que o noso equipo xa non coñece o que significa o concepto libre de fallos" ou "seguridade".
Allchin sinala que a diferenza de Microsoft, "Apple non está a perder o seu rumbo". Segundo o directivo da multinacional do software, na súa competencia "pensan simple, pensan rápido" e dun xeito "planificado", tres conceptos nos que "deberíamos comezar a tomar leccións".