Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A PROTESTA PRETENDE EVITAR A SUBA DAS TARIFAS DE TELEFONÍA

Martes 6 de febreiro: día sen móbil

Os usuarios de teléfonos celulares están chamados a participar este martes 6 de febreiro nunha xornada de móbiles caídos. A convocatoria, feita a través do correo electrónico, pretende darlles un toque de atención ás tres principais compañías de telefonía, Movistar, Vodafone e Orange, para que dean marcha atrás na súa decisión de subir as tarifas a partir do 1 de marzo. As empresas pensan así neutralizar a lei que as obriga a cobraren as chamadas por segundos. Xa anunciaron que incrementarán o prezo de estabelecemento de chamada e mais o custo medio por minuto, co que pensan manter os seus elevados beneficios.

- 13:38 06/02/2007
Tags:

Segundo o correo que circula pola rede, os novos prezos son unha estafa, pois duplican as tarifas de países como Bélxica ou Dinamarca. A convocatoria asegura que, se o 6 de febreiro os 40 millóns de móbiles do Estado evitan facer chamadas, agás as estritamente necesarias, pode que as tres compañías de telecomunicacións se dean por aludidas e eviten a entrada en vigor das novas tarifas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: