Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
OS BLOGUEIROS REUNIRANSE ESTE MES NUNHA CAFETARÍA DA CIDADE DO LÉREZ

Segundo encontro de cervexas e blogs en Pontevedra

Un Beers&Blogs (cervexas e blogs) é unha reunión informal de blogueiros, que se xuntan nun local hostaleiro para compartiren en persoa experiencias e ideas mentres toman unhas cervexas (ou calquera outra cousa). Na wiki de B&B é doado de comprobar que Galiza ocupa un lugar destacado dentro do Estado na convocatoria deste tipo de eventos. A próxima cita será este mes en Pontevedra. Aínda non hai data definitiva: pode ser o 16 ou o 23 de febreiro, segundo se informa no blog convocante, Atún tun tun, onde os interesados se poden apuntar.

- 11:21 06/02/2007
Tags:

Na cidade do Lérez xa tivera lugar un evento deste tipo o 22 de maio do 2005, xa hai case dous anos. Antes, en Compostela, o 29 de novembro do 2004, practicamente na prehistoria do blogomillo, houbera unha xuntanza coincidindo co Congreso Iberoamericano de Periodismo Dixital, aínda que, daquela, a maioría dos participantes non eran habitantes da cidade.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: