Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CONSIDERA ILEGAL A INSTALACIÓN DE BECHOS ESPÍAS

Un tribunal alemán prohíbelle á policía fedellar en computador alleo

Aproveitando a actualidade da loita antiterrorista, a semellanza de iniciativas paralelas en Estados Unidos e no Reino Unido, o executivo alemán tamén preparaba plans para darlle maiores poderes ás autoridades policiais para a ciber-investigación. A sentenza dun tribunal de Kalsruhe abre un precedente importante na defensa da privacidade dos usuarios naquel país.

- 09:46 07/02/2007
Tags:

A decisión do tribunal estabelece a ilegalidade da práctica policial de instalar bechos informáticos, malware, para a espíonaxe de computadores de cidadáns "sospeitosos". Ese tipo de procedementos fora previamente autorizado por outro xuíz.

Poden ampliar a través de Kriptópolis.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: