Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A REEDICIÓN DO MÍTICO NAVEGADOR DOS 90 ESTARÁ BASEADA EN FIREFOX 2.0

Netscape tenta resucitar coa súa versión 9.0

O que fora o navegador de internet dominante nos anos 90, Netscape, tenta recuperar o terreo que lle comeu rapidamente o seu rival, o Internet Explorer de Microsoft, e, despois, o seu fillo de código aberto Mozilla Firefox. A empresa propietaria do programa, AOL, anunciou que nun par de meses estará dispoñíbel a versión 9.0 do programa.

- 12:58 12/02/2007
Tags:

No blog explícase que o renovado Netscape estará baseado no código do Firefox 2.0 e admitirá as súas extensións e a lectura de sementes de novas, entre outras características. Ademais, a diferenza do que acontecía coa actual versión do navegador, que só funcionaba en Windows, estará dispoñíbel tamén para Mac OS e Linux. Chegará o novo Netscape a tempo para rexurdir?


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: