Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EGANET TAMÉN PREMIARÁ A EMPRESAS, ADMINISTRACIÓNS E MESMO BLOGUEIROS

Búscase a mellor obra de arte multimedia galega

EGANET, a patronal das empresas de internet de Galiza, presentou hoxe a cuarta edición dos seus premios. Nas dez categorías destes galardóns inclúese por primeira vez o "Premio Net Art para a mellor web ou produto interactivo galego". Aínda que a maioría dos premios distinguirán iniciativas empresariais, existe un galardón, o "Premio Comunicación Web", ao que se poden presentar, por exemplo, blogueiros ou redes sociais. Outra categoría premiará a accesibilidade dos sitios web, aspecto no que as administracións do país están mellorando, segundo indicou a directiva desta asociación hoxe en Santiago.

- 16:32 15/02/2007
Tags:

Manuel Pan, vicepresidente de EGANET, explicou na conferencia de prensa de presentación dos premios que "a gran maioría de administracións esixen que os seus novos sitios sexan accesíbeis" aínda que recoñeceu que "a nivel empresarial o grao de implicación coa accesibilidade é menor". Pan tamén gabou o lanzamento do Plan Estratéxico da Sociedade da Información por parte da Xunta de Galicia.

Sobre os premios, cómpre destacar que o prazo para presentar candidaturas remata o vindeiro día 15 marzo. Os interesados poden presentar o seus proxectos a través dun portal lanzado por EGANET. A cerimonia de entrega celebrarase o 29 de marzo no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela.

EGANET, formada por trinta e cinco empresas, foi creada hai sete anos para "representar ós especialistas galegos en novas tecnoloxías informáticas e de información". Vieiros acadou o premio Especial en 2005 polo "seu carácter pioneiro dentro do mundo dos xornais dixitais galegos ".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: