"Non sabemos o sistema operativo que usa Deus, pero nós utilizamos Linux". Confésao a irmá Judith Zoebelein, a quen lle corresponde a dirección do equipo que xestiona a web do Vaticano. Outro exemplo de como as novas tecnoloxías estreitan contacto coa relixión, desde a recepción de avemarías vía correo electrónico até o envío de extractos bíblicos a través de mensaxes SMS.
Zoebelin foi unha das participantes na LIFT Conference, o encontro celebrado en Xenebra para debater sobre "os desafíos e as oportunidades da tecnoloxía na nosa sociedade". Aló debullou algunhas interesantes reflexións sobre as novas tecnoloxías en xeral e o xeito en que o Vaticano as aplica en particular.
Poden ampliar na bitácora de Robert Scoble. Tamén na reportaxe O Click All Ye Faithful, no Business Week.
Máis no arquivo ciber-relixioso de Vieiros: