Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PARA A PROTECCIÓN AO CONSUMIDOR

A UE vixiará as bitácoras que afagan empresas

A popularización dos blogs incluíu nos últimos tempos o descubrimento desta ferramenta por parte do ámbito empresarial. A bitácora como instrumento para ter un contacto máis estreito cos clientes é xa utilizada con relativo éxito. Ademais diso, están as empresas interesadas en que o debate na bloguesfera trate de xeito favorábel os sus produtos e servizos. Neste último caso, a Comisión Europea proponse vixiar os falsos blogs creados para afago de empresas concretas.

- 10:39 22/02/2007
Tags:

Así o estabelecerá unha nova directiva europea que de xeito específico prohibiralle a unha empresa "representarse falsamente a si mesma como un consumidor". Segundo explica o xornal inglés The Times, o proxecto impediría que unha tenda ou hotel cree unha falsa identidade na rede a través da cal introduza artigos eloxiosos coa súa propia actividade.

A cancela estará operativa desde o ano que vén. Forma parte do conxunto de normas cos que o executivo europeo quere protexer aos consumidores, impedindo prácticas comerciais consideradas "agresivas". A través de Vilaweb coñecemos desta nova, que poden ampliar en The Times.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: