Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O PAPEL ESCURECE COA LUZ ULTRAVIOLETA

Inventan unha impresora que non precisa tinta

A empresa Xerox está a desenvolver unha nova tecnoloxía de impresión que non vai requirir o uso de tinta. A técnica, que aínda se atopa nas súas primeiras etapas, permitirá reducir os custos económicos e ambientais que provoca o uso masivo de papel nas oficinas, pois empregará follas reutilizábeis que se poderán imprimir e borrar ducias de veces.

- 13:06 23/02/2007
Tags:

O papel está feito cun material que escurece en contacto coa luz ultravioleta, aínda que de momento só permite a reescritura unhas cincuenta veces. Para o estampado, emprégase unha impresora multifunción modificada, que emprega un raio ultravioleta en lugar da tradicional tinta. O escrito esvaécese despois dunhas 20 horas, aproximadamente. Xerox traballa en mellorar a técnica de xeito que se poida controlar o proceso de degradación do impreso e se poida borrar voluntariamente.

Segue a haber moitas incógnitas sobre a revolucionaria tecnoloxía, como o seu prezo final, que determinará o seu éxito. Tamén está por ver se é posíbel a impresión a cor e en alta calidade, algo que non é obxectivo inmediato dos investigadores, centrados de momento na impresión de borradores.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: