Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Loita polo valor supremo da vida"

Zapatero asegura que non se "salvou" a De Juana por "medo" ou "debilidade"

O presidente do goberno estatal, José Luis Rodríguez Zapatero, realizou este sábado as súas primeiras declaracións en relación coa decisión de atenuar a condena do etarra De Juana Chaos. Segundo o mandatario, non foi o "medo" nin a "debilidade" dos socialistas o que "salvou" o preso, senón o valor e "responsabilidade" por loitar "con determinación polo valor supremo da vida" e por que non haxa máis mortes polo terrorismo.

Redacción - 13:00 03/03/2007
Tags:
José Luís Rodríguez Zapatero

José Luís Rodríguez Zapatero

Segundo o líder socialista, a decisión foi tomada para evitar "un desenlace fatal" por mor da folga de fame que mantiña De Juana. "É unha decisión desde a Lei e desde o noso sentido de responsabilidade" sinalou Zapatero.

Durante o seu discurso ante o Comité Federal do PSOE, Zapatero apuntou que "tomamos esta decisión para evitar que morrese un home que matou a vinte e cinco persoas e que non coñeceu a piedade nin o arrepentimento. Fixémolo para evitar a súa morte, algo que el seguramente non poderá comprender. A súa morte non é para nós unha ameaza peor que o que foi a súa vida: Se os seus crimes non quebraron a nosa vontade, tampouco as consecuencias da súa morte as quebrarían".


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: