A ameaza de suspensión do comezo da actividade ligueira, levou á ACB a decidir nunha asemblea extraordinaria que se incian os trámites para a incorporación do clube galego á liga. Iso si, advírtenlle ao Obradoiro que “deberá cumprir con todos os requisitos que recolle a normativa da ACB”. Nun comunicado din lamentar un litixio que prexudica a competición e “compromete os dereitos lexítimos dos clubes” e anuncia accións legais contra a resolución. Recomendámoslles un artigo onde se propón unha posible solución ao conflicto: adiar por un ano a incorporación do clube á máxima categoría, modificando o convenio de ascensos coa LEB para facerlle oco aos galegos sen ampliar o nº de equipos.
.