Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Novo triunfo do galego

Gómez Noya bate a marca do duatlón de Guernika

O triatleta Xavier Gómez Noya amosou esta fin de semana o seu bo estado de forma ao rebaixar en case un minuto o mellor tempo marcado na historia desta proba.

Redacción - 10:23 16/04/2007

O ferrolán utilizou 1.04’15’’, un minuto menos ca que era a mellor marca na proba, nos dous sectores de carreira a pé de 5,2 e 2,5 quilómetros e no intermedio de 26 de bicicleta. Noya entrou na liña de meta once segundos por diante do cántabro Félix Javier Martínez. Javier García, actual campión estatal da especialidade, foi terceiro.

Pola súa parte, o tamén galego Iván Raña acadou un meritorio sexto posto. O de Ordes entrou na liña de meta a dous minutos e catro segundos de Noya.


Documentos

4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: