Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
traíñas

A Bandeira Teresa Herrera termina accidentada, sen se saber o resultado

O mar estaba moi revolto, a bandeira era vermella e unha onda fixo que a traíña de Chapela dese a volta e partise en dúas metades. Houbo cinco feridos e suspendeuse a proba.

Redacción - 10:45 06/08/2007
Os de Chapela, remando noutra competición

Os de Chapela, remando noutra competición

Foi a bandeira máis accidentada da tempada. O mar estaba moi bravo e xa houbera problemas para loitar contra el durante as primeiras probas. Tanta era a forza das ondas, que nunha vaga crebaron á metade unha traíña de 200 quilos de peso e afundían unha zodiac auxiliar.

Ao final houbo cinco persoas que precisaron atención médica, e terminaron por suspender unha das míticas probas do circuíto galego, unha das poucas con dous días de competición.Pasaba un chisco do mediodía. e a bandeira vermella non deixaba que os bañistas se achegasen á beira, no Orzán. Isto xa era un aviso do dura que ía ser a proba, mais xa comezaba con cinco das dez embarcacións da semifinal, competindo por disputar a final: Náutico de Vigo, Cabana de Ferrol, Puebla, Esteiro de Muros e Coruxo de Vigo. Tiñan que se enfrontar a ondas de 3 e 4 metros. As outras traíñas estaban amarradas, e a de Tirán e Chapela estaban na liña de meta, separadas entre si por uns 200 metros. A tripulación de Chapela acabara xa o quentamento e estaban a mudar a roupa cando os colleu a onda que partiu a súa embarcación pola metade, facendo primeiro que voltease, que se puxese en vertical, e que afundise.

Incerteza polo resultado

Ao final cinco persoas -tres remeiros de Chapela e un xuíz ao que golpeou unha outra embarcación- tiveron que ir ao hospital, mais todo quedou nun susto e a competición foi suspendida.Até que a Liga Galega de Traíñas se reúna nestes días non se saberá de xeito oficial se a regata puntúa ou non, se se manteñen os tempos do domingo o se, pola contra, se opta por repetir a regata.

Por outro lado, dende a Liga din ironicamente que, polo menos, o remo galego tivo onte o seu sitio nos medios.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: