O lume que comezou a arder este mércores á noite no parque nacional do país veciño permanece incontrolado.
O incendio declarado este mércores á noite no Parque Nacional da Peneda-Gerês, en Cabril, continúa a estar fóra de control na mañá deste xoves segundo informacións da Autoridade Nacional de Protecção Civil que recolle o diario Público.
O lume, que comezou a arder contras as 22.00 horas no concello de Ponte da Barca, distrito de Viana do Castelo, está a ser combatido por 90 bombeiros e 23 vehículos, namentres as lapas consumen unha área de mato.
Protecção Civil fixo publico un comunicado onde achaca os incendios de outubro e novembro á "necesidade de proceder á queima de sobrantes agrícolas e ás queimas para a pastaxe dos animais".
A situación, afirman, viuse agravada polo baixo nivel de humidade, polas temperaturas por riba da da media para esta época e polo fortes ventos.