Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Triatlón e disciplinas asociadas

Eppers, do Cidade de Lugo Club Fluvial segue a liderar a Copa de duatlón cross

Ademais dos éxitos da deportista boliviana, o clube lugués pode presumir de ter metido dous dos seus entre os catro seleccionados para competir nas tres vindeiras probas do Copa do Mundo de Triatlón.

Redacción - 12:55 24/03/2008

Os éxitos do clube lugués non lle son alleos ao deporte internacional. De feito, un dos grandes atletas galegos de todos os tempos (por ben novo que sexa), Xabier Gómez Noya milita no Cidade de Lugo Club Fluvial. Canda el tamén corre Pilar Hidalgo, e os dous fan o 50 por cento dos atletas estatais seleccionados para competir nas tres vindeiras probas do Copa do Mundo de Triatlón (en Mooloolaba, Australia, o 30 deste mes; en New Plymouth, Nova Zelandia, o 6 de abril; e en Ishigaki (Xapón) o 13 do mes que vén, aínda que Gómez Noya non vai correr en Xapón).

Ademais de destacar no triatlón, o clube lugués ten un outro equipo de duatlón do que fai parte a deportista boliviana Agnes Eppers, que vén de conseguir o segundo posto na Copa de España de Duatlón Cross, a última desenvolvida até agora.

A Appers, que entrou por detrás da aragonesa Yolanda Magallón, só lle quedan por disputar dúas probas máis desta competición por puntos (unha delas a desenvolver o vindeiro 20 de abril en Valladolida, e a outra, con carácter de campionato de España e con puntuación dupla, a desenvolver o 4 de maio no concello lugués de Castroverde) para poder gañar unha competición que segue a liderar, polo momento. Tamén é destacado o seu segundo posto na listaxe de mellores deportistas de duatlón, por detrás de Magallón.

No último clasificatorio para o Campionato Estatal

A santanderina Lara del Valle e o sevillano Sergio Lorenzo, ámbolos dous tamén do Club Fluvial, gañaron o Duatlón de Xixón a pasade sexta feira, na terceira e última proba clasificatoria para o Campionato Estatal da especialidade.

Volven os irmáns Rodríguez

Tamén do Club Fluvial son os irmáns Cristóbal e Yolanda Rodríguez, que volveron a pasada fin de semana ao circuíto galego de pentatlón moderno ao participar na Carreira Popular Concello de Quiroga.

O ouro en benxamín foi para Yolanda, e o bronce foi para o seu irmán Cristóbal, de 16 anos, que só entrou despois de dous mozos, maiores ca el. Os irmán Rodríguez aproveitaron a carreira para preparar a terceira fase do estatal de pentatlón, que se ha disputar en abril en Barcelona.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: