A selección galega iguala, deste xeito, ao combinado catalán. Os mozos e mozas do duatlón galego superaron por 143 puntos á selección andaluza, que foi segunda.
Cartel do campionato
A selección galega de duatlón conseguiu este domingo o seu terceiro título consecutivo no Campionato Estatal de Duatlón por Autonomías en Onteniente, en Valencia.
A selección nacional venceu na final feminina (segunda foi Cantabria e terceira Madrid), quedando terceira na masculina (por detrás de Cataluña e Andalucía). Aínda así a suma total dos puntos conseguidos polos e polas duatletas galegas conseguiron que Galiza subise ao podio, roubándolle 143 puntos á segunda selección no palmarés, a andaluza; e 152 a Cataluña, que foi terceira.
En canto aos triunfos individuais, este foron para Inmaculada Pereiro e Félix Javier Martínez, ámbolos dous representantes de Cantabria. En mulleres, o segundo posto foi para Aída Valiño (Galiza), e o terceiro para Elena García (Comunidade de Madrid). Nos homes, o segundo foi para Benito de Torres (Comunidade de Madrid), e o terceiro para Mario Mola (Baleares).