A pesares da igualdade e condicións coas que comezaron o encontro, as andaluzas fóronse impoñendo a partir do segundo tempo.
As andaluzas viñan de perder en semifinais contra a selección vasca, (que finalmente gañou o campionato fronte Madrid), e loitaba polo bronce contra a nosa selección.
O partido comezou por parte de Andalucía co mesmo quince do partido anterior; por Galiza ían convocadas xogadoras do Universidade da Coruña, do Vigo RC, do CR Lalín, do Mareantes RCP e do CR Cisneros.
Principiaron de xeito moi igualado, debido ás case idénticas accións de ámbolos dous equipos, tónica que se rompeu no minuto 12 cando Galiza conseguiu abrir o marcador cun ensaio (5-0). Catro minutos despois chegaba o primeiro ensaio andaluz, que, seguido dunha carreira, facía que Andalucía cegase ao descanso indo por diante no marcador (5-10).
A pesares de que comezando a segunda parte as galegas conseguían igualar o marcador (17-17), aí quedaron os puntos todos para Galiza, mentres Andalucía seguía a facer ensaios, transformacións... e aguantando en defensa a forza das galegas.
A cousa terminou 17-25, e con medalla de bronce para Andalucía, quedando Galiza a nada de a conseguir.