Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Esta fin de semana en Monforte

A luguesa Aída Valiño proclámase campioa estatal sub-23 de duatlón

A deportista do Cidade de Lugo Club Fluvial entrou novena, mais foi a mellor na súa categoría. O seu compañeiro Jesús Gomar foi campión na categoría masculina.

Redacción - 11:54 07/04/2008
Cartel do campionato

Cartel do campionato

O cántabro Félix Javier Martínez e a madrileña Ana Burgos proclamáronse campións estatais de duatlón en categoría masculina e feminina. Para Burgos xa era o cuarto título consecutivo, moi valorado, estando a piques de se crecer o combinado español para Beixín 2008, onde a atleta madrileña podería ser a principal a aposta.

Valiño segue gañando
A lucense Aída Valiño conseguiu, polo seu lado, o Campionato Estatal sub-23, tras entrar de novena na meta, a 2:09:14 de Burgos. Xusto detrás dela entrou a súa compañeira, a boliviana Agnes Kay Eppers, quen segue a liderar a listaxe estatal de duatlón cross, estando de segunda, por detrás de Helena Herrero na de duatlón.

Na mesma categoría que Valiño, na sub-23, proclamouse campión estatal un seu compañeiro no clube lugués, o valenciano Jesús Gomar.

Desta volta o Cidade de Lugo Club Fluvial volveu demostrar o que valen os seus atletas. De feito, o clube conseguiu tres podios dos catro que había. Por equipos o Fluvial terminou terceiro nas dúas categorías, absoluta e sub-23.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O podio absoluto en Monforte
O podio absoluto en Monforte
A lugesa Aída Valiño, no centro da imaxe / Imaxe: http://galegoman.spaces.live.com/
A lugesa Aída Valiño, no centro da imaxe / Imaxe: http://galegoman.spaces.live.com/
Aída Valiño
Aída Valiño