Teresa Veira, do Clube de Arqueiros de Cambre, chegou ao podio esta fin de semana en Guijuelos (Salamanca). A pasada fin de semana tamén se desenvolveu o galego desta especialidade.
Cartaz do Campionato Galego
Teresa Veira, do Clube de Arqueiros de Cambre, quedou esta fin de semana terceira na categoría de tiro con arco tradicional recurvo feminino nos Campionatos Estatais.
Veira é tamén a campioa galega desta modalidade do tiro con arco, título que conseguiu a pasada fin de semana (a do 3 e 4 de maio) en Casal (Cambre), no campionato nacional, no que subiu ao podio por diante de Lucía Fernández Rodríguez e Elena Rietz Paz.
Os outros campións galegos foron:
En Arco recurvo nu masculino, Ariel Álvarez Corvaia, seguido de César Bermúdez Blanco e Juan Tamayo Riera.
En Arco recurvo nu feminino, Noemi Dobaño García, seguida de Noelia Pena Pardo e Xiana González Pico.
En Longbow masculino, o campión foi Óscar Casal Rodas, que estivo acompañado no podio de Miguel Edreira Martiñán e Eugenio Casal Rodas. E en Arco recurvo tradicional masculino gañou José Antonio Castro Muñiz, seguido de David Romero González e Óscar Novas Seijas. A categoría Longbow feminino quedou deserta.