Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
XaDREZ

Iván Salgado, novo campión estatal Sub 18 de xadrez

O ourensán gañou esta fin de semana en Padrón o título, confirmando os prognósticos. O mozo, de 16 anos, é Mestre Internacional deste deporte.

Redacción - 19:00 04/08/2008
Salgado xogando unha partida no Campionato

Salgado xogando unha partida no Campionato

O ourensán Iván Salgado volveu gañar esta fin de semana o Campionato Estatal de xadrez na categoría Sub 18, facendo bos os prognósticos que o vían como campión dende o comezo.

Salgado continúa, deste xeito, un ciclo que comezou en 2002, vencendo no Campionato Estatal Sub 12 e que pasou por gañar en todas as categorías até vitoria da Sub 18. O xadrecista, que conseguiu o título de Gran Mestre de Xadrez aos 14 anos, segue a ser hoxe unha das máis destacadas promesas do Estado neste deporte.

O segundo galego na clasificación xeral deste Campionato, desenvolvido en Padrón, foi Fernández Borrego, que terminou no decimoterceiro posto, con seis puntos. Por outro lado, Miguel Senlle tivo que conformarse co posto 30, logo de non pasar dos cinco puntos.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: