O falecido, de 96 anos de idade, era veciño de Quintela de Umoso, no Concello de Viana do Bolo.
O corpo de S.B.C foi atopado perto de onde se iniciou o lume, no lugar ao que acudiron os veciños e servizos de extinción unha vez que o lume foi controlado.
O incendio iniciárase contra ás 15h e o operativo precisou da participación dun axente forestal, catro brigadas, tres motobombas e un helicóptero. A intervención durante a tarde do mércores permitiu así frear a propagación e extinguir o lume cando lle afectara a 0.01 hectáreas.
Desde a Consellaría do Medio Rural aproveitan para lembrar que as queimas do tipo da acontecida nesta ocasión están prohibidas durante a época de máximo risco de incendio polo perigo tanto para quen utilice o lume como para terceiras persoas.