A selección galega conseguiu, esta fin de semana, 12 medallas no Campionato Estatal Sub 21 que se desenvolveu en Málaga.
Foron catro medallas de ouro, catro de prata e outras tantas de bronce. Os ouros foron para José Fernández Rey e Juan Fernández Rey, do Natural de Sada; para Fernando Rascado, do Tao-Clínica Luis Vilas de Vigo; e para Lúa Piñeiro, do Olímpic de Vilagarcía.
As pratas leváronas Manuel Barros, do Mace Sport Pontevedra; Ángel Parada, do Natural de Ribeira; David Pérez, do Mat's de Marín; Yahel Loren-Area Vigo. E os bronces foron para Laura Lorenzo, do Tao Clínica Luis Vilas de Vigo; Lara Ouviña, do Natural Sport de Ribeira; Sabela Lonja, do Natural Sport Sada; Cristina Baena, do Mace Sport de Pontevedra, e Katia Calvar, do Mat's de Marín.
A vindeira cita do taekwondo galego será o domingo 26 de outubro no Pavillón Municipal de Reibón, en Moaña, onde se desenvolverá o Campionato Galego de Técnica e Exhibición Infantil. A competición dará comezo ás 10:00 horas.