Máis de dous milleiros de operarios solidarizáronse cos catro procesados pola folga do metal de 2007. A xuíz decidiu aprazar a vista até o vindeiro mes de febreiro.
O xuízo, no que se piden catro anos de cadea para os detidos na folga do metal de 2007, quedou aprazado até o vindeiro 5 de febreiro logo de que un dos acusados rexeitase o seu avogado. Os catro traballadores acudiron ao xulgado vigués acompañados por máis de dous mil traballadores que agardaron no exterior. A Fiscalía demanda para os acusados catro anos de prisión, unha multa individual de 1.830 euros e unha colectiva de 8.220. O ministerio público acúsanos de desordes público.
Nun principio, a acusación pública está disposta a rebaixar a petición e evitar que os traballadores teñan que ir á cadea. Porén, dende a CIG, o responsábel de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara, reiterou que non se pode chegar a ningún acordo porque non son culpábeis. Alcántara afirma que toda a documentación que presentou o fiscal contén erros e que, polo tanto, “a única sentenza posíbel é a absolución”