O equipo galego rematou na segunda posición do seu grupo e despois impúxose á Comunidade Valenciana na loita pola terceira medalla.
Os mozos do equipo masculino sub 18 de hóckey completaron un grande torneo, no que só foron superados polo equipo madrileño, que rematou acadando a vitoria final. O torneo foi organizado pola Federación Madrileña de hóckey, resultando campión o equipo local despois de impoñerse na final a Catalunya por 3-2.
Galiza comezou obtendo unha apurada vitoria ante Euskadi, por 3-1, diferenza de goles que repetiu ao impoñerse por 2-0 a Cantabria no segundo encontro. O terceiro partido do grupo fechou ao combinado galego as portas da final, ao perder por 4-0 contra o potente equipo madrileño. Os galegos conseguiron recuperarse animicamente e venceron á Comunidade Valenciana por 3-0 no partido polo bronce.