Sergio é o piloto e Diego o copiloto deste equipo que buscará no rally Shalymar o seu primeiro campionato estatal.
Esta fin de semana ten lugar en Madrid o Rally Shalymar, co que se fecha o campionato estatal de rallies. Entre os participantes atópanse o galego Sergio Vallejo e o seu irmán Diego, que exerce as funcións de copiloto. Vallejo é agora segundo da clasificación, detrás do cántabro Enrique Ojeda. Aínda así, Vallejo mantén intactas as súas opcións de vitoria, para o que precisaría acadar a vitoria e que Enrique Ojeda rematase por detrás da terceira posición.
O tándem formado polos irmáns lucenses chega con opcións á última carreira despois de acadar unha espectacular vitoria no rally Costa Brava, avantaxando en só dous segundos a Ojeda. Os Vallejo aspiran así a mellorar o segundo posto final acadado na tempada anterior, no seu primeiro campionato coa marca Porsche.
Vallejo compite cun Porsche 911 GT3, mentres que o seu rival corre cun coche da marca francesa Peugeot.