Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CAMPIONATO ESTATAL, na Coruña

Dúas pratas para a selección de judo

Sara Álvarez e Miguel Romero acadaron medalla. O equipo galego conformábano 25 judokas.

Redacción - 11:50 02/02/2009
Miguel Romero loitando con Kiyoshi Uematsu

Miguel Romero loitando con Kiyoshi Uematsu

O Coliseum da Coruña acolleu a pasada fin de semana o campionato estatal de judo, que se disputou en sete categorías femininas e outras tantas masculinas. O equipo galego estivo composto por 25 judokas, entre os que destacaron as medallas de prata acadadas pola lucense Sara Álvarez, en máis de 78 quilos; e o vigués Miguel Romero, en menos de 73.

Sara Álvarez perdeu na final ante a veterana judoka catalá Alicia Alonso, corroborando así a súa gran proxección despois de gañar este mesmo ano o europeo júnior da súa categoría. Romero, pola súa parte, perdeu contra o actual campión europeo de menos de 73 quilogramos, o vasco de pai xaponés Kiyoshi Uematsu.

Unha selección con futuro
Malia acadar só dúas medallas, a selección galega que participou no campionato estatal deixou a impresión de ter por diante un prometedor futuro. Coa excepción de Miguel Romero, os mellores resultados foron acadados por judokas de pouca idade. Así, á prata de Sara Álvarez (18 anos) uníronse a quinta posición de Laura Bajo (17 anos) en menos de 57 quilos; e outro quinto lugar acadado por Alejandro Sanmartín (18 anos) en menos de 100 quilos.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: