Comezou a arder de madrugada. Os Bombeiros do Morrazo pensan que o lume foi provocado.
Un veciño da Avenida de Bueu, en Cangas (O Morrazo), avisou ao 112 por volta das 04h00 da madrugada deste xoves, cando se percatou de que un caixeiro de Caixanova, situado na mesma rúa, estaba a arder.
Momentos despois, membros de Protección Civil da vila evacuaron unhas 20 persoas do edificio de cinco plantas en cuxo baixo estaba situado o caixeiro.
Os Bombeiros do Morrazo acudiron ao lugar e o lume quedou extinguido ás 04h20, para o que tiveron que romper unha cristaleira para sufocar o lume, que afectou a un falso teito. A parte frontal do caixeiro quedou calcinada. Os bombeiros manexan a hipótese de que o incendio foi provocado.