Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Piden ver a TVG

A TDT deixará O Bierzo sen televisión en galego

O colectivo cultural Fala Ceibe solicita o acordo entre Xunta de Galicia e Junta de Castilla y León para facilitar a recepción do sinal da canle pública galega.

Redacción - 12:40 20/08/2009

Unha reclamación que se inscribe no propio deber da Junta de Castilla y León de apoiar a lingua galega, que tal e como recolle o Estatuto desa comunidade autónoma, estabelece que "gozará de respecto e protección da lingua galega nos lugares nos que habitualmente se utilice". Citan tamén a obriga legal de "non discriminación e respecto da diversidade dos distintos colectivos étnicos, culturais e relixiosos presentes en Castela e León", en "referencia implícita á minoría lingüística galego-berciana.

Xa que logo, para a asociación Fala Ceibe é fundamental para a protección e fomento do idioma galego na comarca que os veciños poidan recibir a canle audiovisual pública de Galiza. Lembran que a situación actual, coa inminencia da desaparición da televisión analóxica, impedirá ver as emisións da Galega no Bierzo. "Até o de agora puidemos fozar do único medio de comunicación televisivo que serviu para fomentar e prestixiar o noso idioma propio", subliñan, destacando o éxito de programas como o Xabarín entre os cativos ou o Luar entre os maiores, ademais do amplo seguimento dos telexornais e os partidos de fútbol.

Fala Ceibe propón que Xunta e Junta asinen un convenio de colaboración para que o sinal da TVG dixital se poida ver no Bierzo despois do apagamento tecnolóxico. Recordan que o real decreto en elaboración para a televisión dixital terrestre fai posíbel isto a través do chamado "terceiro múltiplex". Con todo, esa posibilidade esixe necesariamente do acordo entre as administracións implicadas para o regulamento das emisións e o mantemento das instalacións necesarias. Advirten desde o colectivo de que acordos deste tipo xa foron impulsados en Cataluña e Valencia (para a visión compartida de TV3 e Canal 9) ou en Euskadi e Nafarroa (coa ETB).


Ligazóns

4,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: