Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TELEVISIÓN PÚBLICA

Sempre quedará o Luar

Logo do descanso estival, o programa acadou unha cota e pantalla do 23,9%, é dicir unhas 600 mil persoas sintonizaron co espazo que presenta Gayoso.

Redacción - 12:10 20/09/2009
Tags: Luar TVG
O Luar chegou esta temporada á súa décimo oitava edición

O Luar chegou esta temporada á súa décimo oitava edición

O programa da Televisión de Galiza (TVG) Luar segue a sumar as súas propias marcas. Na noite do pasado venres, logo do descanso do verán, o espazo televisivo acadou unha cota de pantalla do 23,9%, o que equivale a 600 mil persoas. Converteuse así, unha vez máis, no programa máis visto en toda Galiza.

O Luar chega este ano á súa décimo oitava temporada e mantívose como líder de audiencia na franxa de maior consumo televisivo, cando as cadeas estatais emitían exitosos programas do corazón. No conxunto do día, a televisión pública galega obtivo unha cota de pantalla do 15,7%, o que a situou como o primeiro canal de ámbito non estatal.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: