Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No polígono da Gándara

Un incendio nunha fábrica de pinturas do Porriño provoca unha nube tóxica

Traballadores da empresa e das naves lindeiras tiveron que ser evacuados. Tres persoas foron atendidas por inhalación de gases.

Redacción / EP - 11:58 19/11/2009

Unha nube tóxica "de grandes proporcións" rexistrouse este xoves no Porriño como consecuencia dun incendio producido nunha nave de pinturas no polígono das Gándaras. O incidente non provocou feridos, aínda que varias persoas tiveron que ser atendidas pola inhalación de fume.

O 112 recibiu unha chamada ás 9:45 da mañá para alertar da explosión dun bidón nunha nave Pinturas Proa, que deu lugar ao incendio. A situación obrigou a evacuar os traballadores, sen que se rexistrasen feridos. O servizo de emerxencias 112 informou de que se atenderon tres persoas afectadas polos gases.

Segundo os bombeiros, formouse unha nube tóxica de "grandes proporcións" por mor da ausencia do vento, aínda que non lle afectou á circulación das autovías A-52 e A-55, nin ás empresas lindeiras, nin á localidade do Porriño, a catro quilómetros do lugar do incendio. Por iso, confiaron en que se disipe sen problemas.

O alcalde do Porriño, o nacionalista Raúl Francés, salientou que o operativo de emerxencias despregado está a funcionar "satisfactoriamente" e apuntou que o lume comezou na zona de fabricación da planta e que tamén se evacuaron "por precaución" as empresas veciñas.

Francés precisou que no lugar traballan na extinción das lapas bombeiros do Porriño, de Vigo e de Valença. A Consellaría de Medio Ambiente desprazou ao lugar un inspector da delegación do departamento e unha unidade móbil de avaliación da calidade do aire para comprobar os niveis de toxicidade.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: