Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEPORTE GALEGO

A TVG non quere balonmán

A televisión pública non emitirá o derbi entre Pilotes Posada e Frigoríficos do Morrazo, malia que os equipos cedían de balde os dereitos.

Redacción - 12:19 10/02/2010

O Gatañal vibrará esta fin de semana para presenciar un dos encontros máis agradados da Liga Asobal: o derbi que enfrontará ao Pilotes Posada e o Frigoríficos do Morrazo. Mais, aqueles que non poidan achegarse até Cangas non poderán ver o desenlace do choque deportivo, que será moi importante para a permanencia na categoría dos dous conxuntos galegos.

A Televisión de Galiza desbotou a retransmisión do partido, malia as facilidades que lle ofreceron ambos os dous equipos. As dúas directivas propuxeron a emisión de balde e mesmo estaban dispostos a xogar o encontro ben o venres, ben o sábado, ben o domingo, cando mellor lle acaese na grella á canle televisiva. É máis, tanto o Pilotes como o Frigoríficos estaban dispostos a asumir o pago da correspondente indemnización á Liga Asobal de tres mil euros, xa que os dereitos deportivos foron vendidos no seu momento a Teledeporte e Sportmanía. Con todo, dende a CRTVG contestaron que xa tiñan a programación pechada e non tiñan oco, nin na súa primeira nin na súa segunda canle, para o partido de balonmán.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: