Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo do cambio á TDT

Fala Ceibe reprocha as cancelas do PP leonés á TVG e reclama que a canle se vexa no Bierzo

O colectivo cultural esixe de novo que Xunta de Galicia e Junta de Castela e León asinen un convenio que leve o sinal da Galega á zona.

Redacción - 12:15 09/04/2010

O pasado mes de novembro o PP rexeitou nas Cortes de Castela e León unha proposición non de lei que instaba a que se facilitase o sinal da Televisión Galega no Bierzo logo do apagamento analóxico e a chegada da Televisión Dixital Terrestre (TDT). Argumentaban os populares para xustificar a súa negativa que o ordenamento xurídico non fornecía da cobertura legal necesaria para achegarlle a canle pública galega á comarca berciana.

O colectivo cultural Fala Ceibe levou daquela o asunto ao Procurador do Común da comunidade autónoma castelanleonesa (institución equivalente ao Valedor do Pobo), reclamando que non desaparecese o sinal da TVG no Bierzo. Posteriormente tamén se dirixiron en Galiza ao propio Valedor, xestión froito da cal o ente público da CRTVG comunicou que a solución pasaría pola sinatura dun convenio "entre as respectivas administracións autonómicas".

Tal convenio de colaboración entre Xunta e Junta é o que esixe novamente a asociación Fala Ceibe. Como aval da reclamación, o colectivo expón que a recente aprobación da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual deixa claro que non debería haber atranco legal para resolver a recepción do sinal da TVG no Bierzo. A norma aprobada en marzo de 2010 estabelece no seu artigo 40 que "a emisión do servizo público de comunicación audiovisual por ondas hertzianas terrestres dunha Comunidade noutra limítrofe e con afinidades lingüísticas e culturais poderá ser efectuada sempre que así o acorden mediante convenio, e exista reciprocidade".


4,77/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: