Hoxe ninguén dubida da importancia dos nosos montes como garantes da calidade de vida dos cidadáns. Representan o ecosistema terrestre de maior importancia e cumpren funcións esenciais nas súas tres variables (económico, social e ambiental) para o mantemento da vida.
Fundada no 1910, a Confederación Nacional do Traballo (CNT) é unha unión confederal de sindicatos que ten por principios o anarcosindicalismo, que defende o federalismo, o apoio mutuo, a autoxestión e o internacionalismo. Comentar que a CNT está adherida á organización de carácter transnacional AIT (Asociación Internacional dos Traballadores) por iso tamén é coñecida como CNT-AIT.    Este centenario sindicato, castigado, censurado e perseguido nos anos da ditadura franquista, funciona mediante organizacións de ramo e Seccións Sindicais. A CNT-AIT practica a acción sindical directa nas empresas a través destas últimas. Non participa en eleccións sindicais nin en comités de empresa,  pois este sistema impide que a xente participe na toma de decisións e practica a autoxestión financiandose exclusivamente coas aportacións de afiliadxs, garantindo así totalmente a súa independencia económica. A CNT-AIT non ten profesionais do sindicalismo, ningúen vive del, ninguén cobra polo seu cargo. Desplegamos un sindicalismo basado na participación dxs traballadorxs, na solidaridade e no apoio mutuo para transformar a sociedade e así loitar por un reparto racional das riquezas e por un mundo mais xusto. 
  O MONTE COMO XACEMENTO DE EMPREGO 
  Hoxe ninguén dubida da importancia dos nosos montes como garantes da calidade de vida dos cidadáns. Representan o ecosistema terrestre de maior importancia e cumpren funcións esenciais nas súas tres variables (económico, social e ambiental) para o mantemento da vida. 
  As funcións básicas do monte son: Función 	económica: producción de madeira e outros productos forestais. 	Función 	social: asentamento de poboacións, usos recrativos, usos 	educacionais e culturais, emprego e promoción de actividades 	económicas en áreas desfavorecidas. 	Función 	ambiental ou ecolóxica: regulación do ciclo da auga, freo ós 	procesos de desertificación e erosión, sumideiro de CO2, 	salvagarda da biodiversidade de especies forestais, fauna e flora e 	regulación do intercambio de gases atmosféricos.  
  Hay que promover a multifuncionalidade do monte e o seu desenvolvemento sostible para ter un territorio conservado. Estas funcións deberán compatibilizarse en función da utilidade e uso dos montes e satisfacer a crecente demanda de servicios forestais, fundamentalmente a través da función ecolóxica do monte. 
  Os obxetivos do desenvolvemento sostible básanse en dous principios xerais de planificación: Dinamizar 	as zonas rurais a través da valorización dos espazos e productos 	forestais. 	Aproveitar 	os recursos forestais garantindo a súa permanencia e renovación.  
  O sector forestal constitúe una fonte importante de creación de emprego, xa que demanda una considerable cantidade de man de obra, principalmente nas zonas rurais, onde os traballos forestais, que hai que desempeñar en toda xestión dos nosos montes, favorecen o poboamento de ditas áreas e evitan o abandono do campo, xeran rentas ambientais suplementarias, e permiten a conservación e mantemento do entorno e dos espazos naturais. 
  Na situación actual en que a política agraria comunitaria, enfocada ata agora como política de rentas, demostrou a súa ineficacia como mantedora da poboación no medio rural, a conservación do medio natural preséntase como actividade xeradora de emprego.   As novas políticas de desenvolvemento rural deben incorporar as actividades de conservación do medio natural.   Os traballos que desenvolven as empresas de obras e servicios forestais promoven o desenrolo local sostible e a cohesión social das áreas rurais, ademáis de favorecer a creación de riqueza, a diversificación económica, a xeración de emprego e a fixación de poboación.   
  
SITUACIÓN DO SECTOR FORESTAL 
  No momento actual estamos pasando dun sector de xornaleiros agrarios nos que a actividade forestal completaba as rendas en épocas de baixa actividade a unha situación na que o traballador desexa unha maior especialización e mellores condicións laborais para aproveitar dunha maneira máis óptima os recursos que nos ofrece o monte. 
  Dado que o sector forestal en xeral non foi capaz de adaptarse ós tempos e dar resposta a esas expectativas, estámonos quedando sen traballadores. Por outra parte, cada vez en maior medida, a maior demanda de traballadores sitúase  no verán asociada a incendios nos momentos de maior actividade en servizos, agricultura e construcción. É dicir, o sector forestal está marcado por unha forte estacionalidade que non beneficia a ninguén. 
  Deberemos traballar por conseguir unha estabilidade na inversión e emprego do sector forestal. Dentro do obxetivo do emprego entendemos que unha normativa laboral específica e unha regulación das condicións dos traballadores forestais, con instrumentos como convenios colectivos, réxime da seguridade social, estudios e programas de seguridade e saúde, se melloraría en gran medida a situación da man de obra no sector. 
  Neste contexto, para conseguir estes obxetivos desexados debemos de profundizar acerca da multifuncionalidade do monte. É neste senso onde trataremos os diferentes usos e aproveitamentos do monte que nos aportarán uns valores económicos, sociais e ambientais para sacar maior rentabilidade ós nosos montes, sempre dunha forma sostible. 
  
  TEMAS  A TRATAR NO FORO-MESA REDONDA 
  Os temas a tratar neste foro-mesa redonda son: Micoloxía 	(cultivo de cogumelos e especies adaptadas ós nosos montes). 	Productivo 	madeireiro (selvicultura e tipos de aproveitamentos madeireiros). 	Aproveitamento 	gandeiro (razas autóctonas de gando como as vacas Cachenas e o 	porco Celta). 	Producción 	de madeiras nobles, froita e biomasa (especies arbóreas a empregar 	así como a selvicultura óptima para elo, aproveitamento de restos 	de corta para producción de enerxía térmica, eléctrica). 	Ocio 	e cultura (áreas recreativas, aulas de natureza, rutas de 	sendeirismo, parques forestais, etc.). 	Aproveitamento 	ecolóxico (conservación da diversidade de especies de flora e 	fauna, fundamentais para o mantemento dos ecosistemas forestais como 	patrimonio ambiental dos nosos montes) 	Alternativas 	varias (compostaxe de residuos forestais, enerxías renovables como 	a eólica, biogás, etc.)  
Este encontro realizarase o sábado 27 de febreiro de 2010 no Centro Cultural de Xinzo, concello de Ponteareas. O horario será de 10:00 até 13:00 e de 16:00 até 20:00
http://cntforestal.blogaliza.org/