Os deportistas do Cidade de Lugo Fluvial tiveron unha moi destacada actuación no continental, desenvolvido o sábado na cidade grega de Serres.
Na categoría júnior masculina Óscar Vicente Rodríguez proclamouse Campión de Europa ao completar o percorrido da proba (5 km de carreira a pé, 20 en bicicleta e 2,5 de carreira a pé) nun tempo de 56 minutos e 1 segundo. En abril o mozo lugués obtivo en Fuenlabrada o título de Campión Estatal da modalidade, confirmando xa o seu bo estado de forma, cousa que se confirmou este sábado en Grecia.
Aida Valiño, a piques de gañar o Europeo
Na categoría Sub 23 feminina, a luguesa Aida Valiño obtivo a segunda praza e polo tanto o subcampionato de Europa, entrando a poucos segundos da francesa Charlotte Gauchet. Valiño fixo o percorrido todo nun tempo de 2 horas, 4 minutos y 13 segundos. O bronce foi para a polaca Anna Grzesiak.
Con esta prata, Aida Valiño obtén tamén a segunda posición no Campionato de Europa Absoluto. Igual que o seu compañeiro, Óscar Vicente, Valiño é campioa estatal na súa categoría (e galega). Ámbolos dous duatletas non fixeron máis que certificar a calidade, tamén a nivel internacional, dos atletas do clube lugués no que militan, o Cidade de Lugo Club Fluvial.