Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
SEGUNDOS NO CAMPIONATO ESTATAL DE RALLYS

A vitoria no Shalymar non lles chega aos Vallejo

Os pilotos de Meira cumpriron o seu papel, igual que fixo Enrique García Ojeda que rematou levando o estatal de rallys.

Redacción - 18:20 23/11/2008

O gran rally Shalymar realizado polos irmáns Vallejo non foi suficiente para darlle a volta á clasificación do campionato estatal. Así, os pilotos de Meira dominaron durante os dous días a proba madrileña, pero Ojeda non tivo problemas para acadar unha segunda posición que lle asegura o campionato.

Sergio Vallejo gañou sete dos 12 tramos disputados, avantaxando a Ojeda en minuto e medio na clasificación final. O campión estatal, pola súa parte, controlou en todo momento a distancia co terceiro clasificado, beneficiado polo susto que sufriu Xavi Pons. O compañeiro de equipo de Vallejo saíu da estrada cando tentaba achegarse a unha segunda posición que lle daría o campionato aos galegos.

O rally foi todo un éxito, e a vitoria dos Vallejo foi seguida por máis de 100 mil persoas.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: